Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Noso

Os Náufragos Teatro

Claudia Franco
Teatro Principal

Nicolás reúne a súa familia para despedir o espazo que os viu crecer: a casa familiar cun vello ultramarinos bar que rexentaban seus pais e onde agora vive con María, a súa parella. A expropiación do lugar por causa da construción dun parque eólico é o motivo da xuntanza. A súa irmá Olivia acode acompañada de Rubén, despois de moitos anos sen contacto. Unha visita inesperada, as lembranzas do pasado, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar cara ao futuro e a importancia do pasado fan da nova produción de Os Náufragos Teatro unha dramedia familiar que fala do noso desde o rural deshabitado.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Co apoio do Teatro Rosalía Castro da Coruña

  • Adulto
  • Teatro
  • 85 minutos
  • Autoría Gustavo del Río Prieto
  • Dirección Gustavo del Río Prieto
  • Adaptación Marisa de la Iglesia
  • Tradución Daniel Pais
  • Escenografía Marisa de la Iglesia
  • Iluminación Daniel Pais
  • Son Os Náufragos Teatro
  • Vestiario Marisa de la Iglesia
  • Coreografía Esther Aja
  • Axudantía de dirección Irene Lorenzo
  • Elenco Jimmy Nuñez, Rebeca Vecino, Daniel Otero, María Roja e Sete Eiroa

A compañía

Os Náufragos Teatro é unha compañía teatral galega, establecida na Coruña, cun amplo percorrido ás súas costas por escenarios de todo o territorio galego, así como de fóra. Fortemente comprometida cun teatro de corte social, a compañía vén dando visibilidade nas súas producións, desde hai décadas, ás realidades dos colectivos máis vulnerables ou marxinais, abordando temáticas como a discriminación por razón de identidade sexual, diversidade funcional, acoso escolar ou a violencia intrafamilar.

Con Hugo a compañía obtivo o premio María Casares 2022 a mellor espectáculo infantil e o premio do público infantil 2023 da Mostra de Teatro de Cariño.

Contratación

Urdime
981 937 424
ola@urdime.gal
www.urdime.gal