Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Non é unha canción

Souvenir

Iria Casal Lamata
Auditorio ABANCA

David e María, vestidas para iren de vacacións, preséntannos o espectáculo que imos ver. Non é unha canción, pero é algo parecido. Algo pasa entre elas, pero non é posible entender que é. Non é pasalo ben, nin pasalo mal, pero é algo parecido. Algo raro lle sucede ao espazo ou está o espazo facendo algo raro con María e David? Non é un espectáculo, pero é algo parecido.

En Non é unha canción Souvenir explora o universo do turismo de masas e a intelixencia artificial a través do seu particular humor acedo e absurdo.

 

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Adulto
  • Teatro contemporáneo e artes do movemento
  • 75 minutos
  • Dirección María de las Llanderas e David Alonso
  • Dramaturxia María de las Llanderas e David Alonso
  • Iluminación Violeta Martínez Rivera
  • Escenografía Violeta Martínez Rivera
  • Vestiario Daniela Rodas e Carmen Triñanes
  • Espazo sonoro David Alonso
  • Asesoría de movemento Olga Cameselle
  • Deseño gráfico María de las Llanderas
  • Deseño logotipo Laura Merchán
  • Fotografía e vídeo Iria Casal
  • Construción de escenografía Daniel Rodríguez
  • Produción Sabela Ramos e Souvenir
  • Distribución Mar Alonso e Souvenir
  • Dirección técnica en xira Violeta Martínez Rivera
  • Técnica de son e audiovisuais Sol Álvarez
  • Asesoría de comunicación The Office Comunicación
  • Interpretación María de las Llanderas e David Alonso

A compañía

Souvenir é unha compañía galega de teatro contemporáneo e artes do movemento dirixida por María de las Llanderas e David Alonso. Souvenir é un espazo de encontro e de experimentación lúdica. Interésanos aquilo que está fóra do entendemento racional e da lóxica psicolóxica. A intuición, o azar, as artes do movemento e a súa combinación coa palabra son algúns dos eixes que vertebran o noso traballo. Procuramos unha forma de estar no mundo improdutiva, inútil e festiva. Tamén nos encanta recoller estímulos accidentais da rúa, aos que chamamos souvenires, e que son a materia prima das nosas pezas.

 

 

Contratación