Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Nanai da China

Pérez&Fernández

Corsino
Fundación SGAE

Novo espazo

Nanai é unha nena que naceu nunha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas reixéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir "non!" e axudarlle a seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do Yangtsé, en compañía de Chispum, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra esta estúpida superstición da xente, Nanai e seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería.

Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar no que se fusionan os monicreques e os actores para representar esta orixinal historia, chea de maxia, aventuras e humor.

Co apoio do Concello da Coruña

  • A partir de 5 anos
  • Teatro de monicreques e actores
  • 45 minutos
  • Autoría Xabier Romero e Victoria Pérez
  • Dirección Victoria Pérez
  • Escenografía Montse Piñeiro
  • Iluminación Montse Piñeiro
  • Son Xabier Romero
  • Vestiario Pérez&Fernández
  • Música Xabier Romero
  • Monicreques Iria Fafián e Montse Piñeiro
  • Elenco Victoria Pérez e Manu Fernández

A compañía

Pérez&Fernández é unha compañía de artes escénicas, creada por Victoria Pérez e Manu Fernández, especializada en proxectos para público familiar. Dende a súa creación no ano 2015, produciron espectáculos a partir de adaptacións literarias de títulos como O poder de Amabel, de Érica Esmorís, Aguratrat, de Roald Dahl, ou Os nenos da varíola, de María Solar, peza galardoada en 2021 como mellor espectáculo para público familar nos Premios María Casares e co premio Luísa Villalta pola igualdade. En 2023 estrean Nanai da China, un texto orixinal de Victoria Pérez e Xabier Romero, premio María Casares ao mellor espectáculo de monicreques.

Contratación

Emi Candal-Urdime
619 920 335
emicandal@urdime.net
www.perezyfernandez.com