Ir ao contido da páxina
  1. Programación

MULTIPERSPECTIVAS #2

Paula Quintas Cía.

Manu Lago
Fundación SGAE

MULTIPERSPECTIVAS #2, de Paula Quintas, é unha proposta orixinal e innovadora que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Todos os públicos
  • Instalación de circo-danza-improvisación
  • 45 minutos
  • Creación Paula Quintas
    Rut Balbís
    Arturo Cobas
    Antón Coucheiro
  • Dirección e coreografía Arturo Cobas
    Rut Balbís
  • Intervención sonora Arturo Cobas
  • Técnica de arame Stephanie Bouchard
  • Vídeo Margherita Morello
    (16 Thunders)
  • Xestión Manu Lago - Galicia Danza Contemporánea
  • Intérpretes Paula Quintas
    Arturo Cobas
    Antón Coucheiro

A compañía

Paula Quintas Cía. traballa o movemento a través de espectáculos de danza, circo, performance e os seus límites desde 2014 e en diferentes formatos, como artes vivas ou vídeo-circo-danza.

Actualmente ten varios espectáculos en cartel: O salón dos pasos perdidos (2023), coprodución co Centro Coreográfico Galego, Multiperspectivas (2023), Nina Ninette (2021) con Determinada Compañía, SET (2020), Plastic (2018) e Analepsis (2017). 

Contratación

Lilian Portela - AMARELO Distribución Escénica
610 106 808
lilian@amarelo.es
www.amarelo.es