Mesura
Raquel Ferradás&Amarelo
Mesura báilalle á espera en diferentes momentos da vida. En xeral, á inquietude e preocupación que xera. Soster, refuxiarse no movemento, adaptarse ás transicións e avanzar. Comezar de cero é sobrevivir no presente. Non hai pasado no cero. Hai que saber convivir coa espera para mirar o mundo aos ollos.
Co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Coreográfico Galego
- Adulto
- Artes do movemento, espectáculo de rúa
- 18 minutos
- Autoría Raquel Ferradás
- Dirección Raquel Ferradás
- Música Collage de Raquel Ferradás sobre El Remolón, Alicia Smith e Tony Anderson
- Elenco Raquel Ferradás
A compañía
Raquel Ferradás é bailarina e docente de danza contemporánea e moderna. Formada no Conservatorio Carmen Roche en Madrid (2017) e nos conservatorios Coppelia e Mayeusis de Vigo, complementa a formación con monográficos de coreógrafas e creadoras de primeiro nivel nacional e europeo.
Actualmente coproduce Mesura con Amarelo tras o programa de acompañamento a emerxentes Da Man. Baila ou bailou, entre outros, para Paula Quintas Cía., La Galga, Aracaladanza ou Ballet Carmen Roche. Foi premiada no Certame Coreográfico Compostela 2021 coa Cía. La Galga e gañadora do certame Carmen Roche con Lydia Martínez.