Ir ao contido da páxina
  1. Programación

A remuda na programación escénica. Outros modelos

Dando continuidade á mesa organizada en Galicia Escena PRO en 2024, queremos afondar nesta edición na análise dos diferentes perfís profesionais que se responsabilizan da programación nos teatros e espazos escénicos.

En moitas organizacións culturais a nivel estatal estase a abrir un debate de fondo sobre o futuro da programación escénica, unha reflexión que vai máis alá do simple cambio xeracional. Estamos asistindo á perda de profesionais da cultura á fronte das institucións? Que factores están a propiciar esta situación? E, sobre todo, que perfís están realmente asumindo esa remuda?