Inclusión e diversidade
Galicia é actualmente pioneira na redacción dunha Lei de Cultura inclusiva. E dende Galicia Escena PRO queremos abordar os desafíos que se nos presentan a este respecto con profesionais que contan xa cunha ampla experiencia na promoción da inclusión e da diversidade nas artes escénicas dende o punto de vista da creación e da programación.
Están os espazos escénicos habilitados para creadoras e creadores con discapacidade? E para o público? Existen modelos de mediación para públicos neste sentido?