Ir ao contido da páxina
  1. A Feira

Información xeral

Datas de celebración

Galicia Escena PRO 2025 celebrarase
do 2 ao 5 de xuño
en Santiago de Compostela.

Presentación de espectáculos

As compañías galegas poderán presentar as súas propostas en formato completo ou formato pitching do 28 de febreiro ao 13 de marzo a través da área profesional desta web.

Formato completo

Espectáculos estreados entre o 1 de maio de 2024 e o 1 de xuño de 2025 (sempre que o espectáculo non fora presentado na edición de GEP 2024). Poderanse presentar, así mesmo, espectáculos para a súa estrea en GEP. A organización asume o 40 % do caché (sen necesidades técnicas) que figura na oferta da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Formato pitching

Proxectos de espectáculos pendentes de estrea. Durante 6 minutos, a compañía poderá dar a coñecer a súa proposta. Neste formato, a organización non asume ningunha remuneración económica.