Fundación SGAE
Inaugurada en marzo de 2008, a Sede SGAE ofrece unha programación consagrada ás artes escénicas, musicais e audiovisuais. Este edificio singular, deseñado por Antón García Abril, conta con dúas salas multiúsos cun excelente equipamento para concertos, teatro, cine, ensaios, cursos ou conferencias. Tamén dispón dun espazo expositivo, a Sede Territorial de SGAE Galicia; unha aula de formación e dous estudIos de produción artística especializada en audio e edición de vídeo.