Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Vila

Marcos PTT

Vila é a nova peza de Marcos PTT, unha conferencia dramática que cruza teatro de obxectos, urbanismo e live cinema. Un documental a vista de paxaro sobre como entendemos o territorio que habitamos. Unha autopsia ao plano de rúas da túa vila, para descubrir que cada persoa vive nunha cidade diferente e que a arquitectura non é inocente. Pensada como formato de sala, de fácil circulación, e para público adulto, Vila abre o seu proceso de creación, ata a estrea en 2027.

Buscamos coprodutores e aliados para formar parte deste percorrido. Agora é o momento.

Espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego

Contacto