Oh!
AsSircópatas
AsSircópatas presenta Oh!, un espectáculo visual onde se unen a música en directo e o mellor circo! Unha viaxe para toda a familia que mestura clown, música, equilibrios e malabares.
Houbo unha vez un barco que quedou varado nunha praia. Unha balea que leva alí tanto tempo que perdeu a conta. No barco hai unha libraría itinerante. Un barco, unha balea, unha libraría... Unha escena que se transforma, como un soño, en todo o que poidamos imaxinar.
Neste novo espectáculo, o actor Dani Blanco e as músicas Nerea Carpente e Alicia Root viaxan entre o circo e a música tradicional en directo. Unha fiestra aberta para mirar e facer unha pausa.