Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Curie ou a simetría dos fenómenos físicos

Empatía Teatro

Un biopic poético sobre a científica máis destacada da historia, Marie Curie, no que se reivindica a súa figura como icona do feminismo e o pacifismo. Peza dun alto rigor documental, conta co asesoramento das biógrafas Belén Yuste e Sonnia Rivas, recoñecidas pola familia Curie.

Empatía Teatro reúne por primeira vez nun espectáculo a Santiago Cortegoso, no texto e a dirección, e a Diego Valeiras, na escenografía e vestiario. Tras o éxito de Esas cousas marabillosas, Empatía presenta unha proposta de alto impacto social e educativo, con unidade didáctica e exposición itinerante dispoñibles. Unha viaxe emocionante pola ciencia e a humanidade dun ser humano excepcional, que todo o mundo debe coñecer.

Contacto

Elisardo de la Cruz García
672 281 928
info@empatiateatro.com
www.empatiateatro.com
Vicky Sas
687 217 387
vicky@empatiateatro.com
www.empatiateatro.com