Crónica do rei pasmado
Contraproducións
Espectáculo de sete intérpretes con adaptación e dirección de Cándido Pazó. Seguindo a liña da adaptación de grandes novelas ao teatro, como foi o caso de A peste, Cigarreiras, Memorias dun neno labrego..., adapta agora Crónica del rey pasmado, unha das novelas máis emblemáticas do novelista ferrolán Gonzalo Torrente Ballester.
A estrea do espectáculo está prevista para o 27 de setembro de 2026 no Teatro Jofre de Ferrol, onde arrincará unha xira en galego e castelán. Fará temporada no Teatro Fernán Gómez de Madrid.