ComedIA
Píscore
Píscore fai dez anos e celébrao cun novo espectáculo que mestura teatro, humor, música e participación do público. A compañía, formada por Félix Rodríguez, Pepe Varela, Pablo Cabanelas e Diego Rosal, dirixida por Fran Rei, destaca polo seu estilo baseado na comedia física e no virtuosismo musical.
Tras Concerto singular (2016), Concerto ConFusión (2019) e Molto Barroco (2022), presentan en 2026 ComedIA, unha proposta sobre a carreira espacial, a tecnoloxía e a intelixencia artificial con novos instrumentos, gags, música orixinal e referencias á ciencia ficción, nunha montaxe de 55 minutos para todos os públicos.
Contacto
Félix Rodríguez Lamas
660 994 083
davidlopez@culturactiva.org
www.culturactiva.org/gl/espectaculo/commedia
660 994 083
davidlopez@culturactiva.org
www.culturactiva.org/gl/espectaculo/commedia