Clic
Culturactiva Producións
Creado por Andrea Bayer, Clic é un proxecto de Culturactiva Producións que aborda a progresiva desaparición dos tempos propios da infancia e a súa incorporación temperá ao mundo adulto. Esta montaxe, dirixida por Victoria Pérez, aposta polo humor, o xogo simbólico e a metáfora escénica.
Leo e Dani son dúas nenas que viven na mesma rúa, pero case non poden verse, sempre están moi ocupadas. Un día sucede algo fascinante: marcha a electricidade, o mundo para, non hai nada, nin clase, nin actividades, nin cobertura no móbil. Emocionadas, corren cara á praza; os maiores están ocupados en que todo volva ser coma antes, pero Dani e Leo ven a oportunidade de pasar tempo xogando e inventando.