Perder a lingua
Eva Comesaña
Perder a lingua é perder a fala.
Ao analizar o espectrograma da lingua, as liñas quebradas que debuxan as gráficas parécense bastante a unha paisaxe. Aí naceu a pregunta: e se resulta que o idioma e o territorio están aínda máis conectados do que pensabamos?
Voz, danza e visuais únense neste proxecto para falar de habitar e sentir, de vivir aquí e falar así. De mirar de novo o que nos rodea, de defender o dereito a ser; de raíz e de paixón.
Rubén Fernández crea toda unha rica e densa paisaxe sonora coa súa voz e un loop. Eva Comesaña dálle corpo e movemento a esta xeografía e Eva Antelo é a encargada das proxeccións que acompañan o espectáculo.