Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Kyoki

Elefante Elegante

Centro Obra Social ABANCA

Kyoki é unha creación destinada ao público familiar, a partir dos tres anos. "Kyoki" significa demencia en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais... quen non esqueceu nunca onde puxo a caixa das galletas? Ou, por distracción, vestiu o xersei do revés?

Retratando un deses días catastróficos, Kyoki é unha homenaxe a todas as persoas maiores que, perdendo a cabeza, recobran a inocencia que o tempo e as inclemencias do camiño un día levaron. A través dunha linguaxe xestual, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.

Contacto