Frío
A Feroz
Akaki, o funcionario, leva unha vida metódica, ordenada e, sobre todo, miserable. O seu abrigo está moi gastado, pasa frío, e o desexo aparece en forma de abrigo novo. Traballará arreo para conseguir o ansiado fin. Que pasará cando o consiga? Logrará vencer o frío?
Frío é un espectáculo de teatro físico e máscaras baseado nunha versión moi libre da extraordinaria obra de Nikolái Gógol O abrigo. Tomando o fío argumental da narración, técese unha trama escénica na que todos os elementos son barallados á luz de innumerables imaxes xeradoras de novos significados.
Así, O abrigo convértese en Frío nunha fábula máxica que fala do fatum, do desexo e da morte.