Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Deadpan Karaoke

Ibuprofeno Teatro

Centro Obra Social ABANCA

Deadpan, que en inglés significa cara morta, baleira de expresión. Karaoke, do xaponés kara "baleiro" e oke "orquestra".

Espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico. Queremos explorar a comedia e os seus límites desde unha perspectiva de xénero e abordando a temática do amor nesta época tardocapitalista.

Deadpan é unha personaxe incapaz de sentir e de expresar emoción, o que lle outorga a autoridade e a claridade necesarias para descifrar o universo do amor. Podemos, nesta sociedade de narcisismo extremo, lanzarnos ao baleiro do amor?

Contacto