Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Compaña

Xampatito Pato

Centro Obra Social ABANCA

A idea principal desta obra nace da necesidade de crear imaxes e escenas coas que o espectador se poida trasladar a un mundo surrealista e onírico, e poder pasar así un bo anaco onde o único importante sexa desfrutar e deixarse levar pola risa e a beleza do creado.

Unha personaxe soa á busca de compaña, que viaxa a través do seu imaxinario para ir tornando realidade o que xorde na súa cabeza. Deste xeito consegue sentirse acompañada para percorrer xunto ao público un camiño de sorpresas e humor.

Contacto