Birds on a Wire
Pistacatro
Birds on a Wire, peza multidisciplinaria en que o circo, a danza, a danza vertical, o teatro e o audiovisual conviven para crear un traballo coral que investiga o límite entre o interior e o exterior das persoas, tanto física como emocionalmente. Nunca como ata o de agora tivemos tan presentes eses límites, que, fisicamente, se materializaron nas paredes das nosas casas e, emocionalmente, na separación entre as persoas.
Pistacatro propón, na súa investigación e uso das novas dramaturxias no circo, unha reflexión sobre as fronteiras, entre o “fóra” e o “dentro”, creando unha fermosa alegoría escénica entre o corpo físico, achegado á terra, e a imaxinación, que abre portas e xanelas infinitas.