X
Fran Sieira, compañía de danza
O xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotiandade, no noso folclore e, en particular, no baile tradicional galego. A necesidade de investigar a través do corpo, permitíndonos explorar a relación entre o xénero e a nosa tradición, para identificar en que medida o noso movemento perpetúa ese nesgo de xénero e intentar desligalo da práctica, do noso baile, da nosa cultura.
X é unha peza de 60 minutos de duración para un elenco de oito bailadores e bailadoras despoxadas de estritas normativas que non fan senón limitar o noso corpo e o noso movemento, co fin de redescubrir a nosa tradición, aproximarnos a ela e facela nosa dende outro lugar moito máis amable co corpo.