Diz-me, meu amor
Raquel Ferradás & María de Vicente
Esta peza é unha homenaxe a todas as formas de amor entre mulleres que se escollen, apoian e celebran mutuamente en liberdade. Un acto de celebración dos lazos que curan, do amor que non esixe, que acompaña, que eleva.
Nun espazo onde o corpo se converte en linguaxe, dúas mulleres atópanse, recoñécense e abrázanse en movemento. A través de xestos sostidos, miradas cruzadas e pasos entrelazados, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso onde o afecto se manifesta en cada apoio mutuo.
- Todos os públicos
- Danza
- 15 minutos
-
Autoría
Raquel Ferradás
María de Vicente
- Dirección Raquel Ferradás
-
Elenco
Raquel Ferradás
María de Vicente
A compañía
Raquel Ferradás e María de Vicente, bailarinas, coreógrafas e profesoras, reencontráronse despois de anos separadas, tras estudar xuntas no Conservatorio Mayeusis de Vigo.
Raquel formouse en Madrid, no Conservatorio Carmen Roche, mentres que María estudou en Barcelona, no Area Espai de Dansa i Creació e en Cobosmika Seed’s. Despois dos seus estudos, Raquel traballou con varias compañías de danza contemporánea, como Paula Quintas Cía., Cía. Lagalga, Aracaladanza, La Intrusa e Cía. Ballet Carmen Roche. María, pola súa banda, traballou como actriz e bailarina en varias óperas no Gran Teatre del Liceu e con diferentes compañías de danza, como Nova Galega de Danza ou Nauta Teatro.