In-gobernable
Uxía Morán

Cantas veces quixeches cambiar as cousas? Que farías para vivir consonte as túas crenzas? Valo intentar dunha vez ou vas estoupar coma unha castaña?
In-gobernable é a campaña política dunha actriz. Unha soñadora rebelde que, cansa de apandar coas súas circunstancias, crea un partido político, a partir da súa historia persoal, para gobernar no seu espazo e facer do seu un mundo mellor. Coa axuda da man dereita chega a soltar todo o peso que leva enriba nun vómito romántico, anarquista e xeneroso.
Votarías por ela? Votarías polas súas ideas? Pénsao. Poderías ser ti. Polo de agora, convidámoste á festa In-gobernable.
- A partir de 16 anos
- Teatro persoal, teatro documento, teatro político, dramedia
- 80 minutos
- Autoría Déborah Vukušić
- Dirección Déborah Vukušić
-
Escenografía
Laura Iglesias
Borja Fernández Vázquez - Iluminación Violeta Martínez Rivera
- Vestiario Reinita Castaña
- Audiovisuais Carlota Mosquera
-
Elenco
Antea Rodríguez Rial
Uxía Morán
A compañía
A compañía nace desde a emerxencia cultural que vive a cidade de Ourense e co propósito de facer algo que chegue a todo o mundo; todo o mundo desta cidade, quero dicir, ou desta vila, ou aldea ou o que sexa isto, tanto estatal como mentalmente. Chegar a canta máis xente mellor. E decateime de que a forma máis efectiva era facéndoo desde a honestidade máis brutal, creando espectáculos como este primeiro, In-gobernable.