Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Transparentar

Enésima

Pablo R.Albalá
Auditorio ABANCA

Transparentar é un espectáculo de danza-teatro da compañía Enésima que reflexiona sobre a xeración de cristal. É realmente fráxil ou transparente? Creado por Bal Castro e Inés Santos, artistas da xeración Z, combina poética corporal cun ton irónico para cuestionar a identidade xeracional, o esgotamento e o papel do sistema. Aborda temas como a incerteza do futuro, o sufrimento colectivo e a saúde mental e propón que esta xeración non só expresa a súa vulnerabilidade, senón que tamén fai visibles as carencias sociais. A peza crea un espazo de diálogo interxeracional e transita entre o artificial, a introspección e a liberación.

  • A partir de 14 anos
  • Danza-teatro
  • 50 minutos
  • Autoría Bal Castro
    Inés Santos
  • Dirección Bal Castro
    Inés Santos
  • Elenco Bal Castro
    Inés Santos
  • Escenografía Enésima
  • Iluminación Javier Castiñeira
  • Son Babykatze
    David Lois
  • Vestiario Enésima
  • Música Babykatze
    David Lois

A compañía

Enésima é unha compañía de artes do movemento creada por Inés Santos e Bal Castro tras formárense en teatro físico na ESADg e en danza contemporánea en Porto. Xorde como un espazo de experimentación corporal, sonora e escénica, centrado na vulnerabilidade e na investigación artística.

Desenvolve proxectos en colaboración con diversas entidades: Transparentar, apoiado por El Palacio. Residencias Artísticas y Acción Cultural, de Xixón, e polo Colectivo RPM; HABITAR-me, creado para o festival Palcos Instáveis no Teatro Municipal do Porto, e Instinto desexo, en proceso, vinculado ao FIOT de Carballo e ao Colectivo RPM.