Coralinda
Elefante Elegante
Coralinda é unha comedia xestual, interpretada ao estilo dos debuxos animados, destinada ao público familiar. O espectáculo propón unha ollada cómplice, reflexiva e sensible en relación coas experiencias que viven as persoas que, por cuestións de raza, xénero ou clase social, sofren comportamentos discriminatorios.
Nun lugar cincento vive un señor todo vestido de cor cincenta que manipula unha serie de caixas... cincentas. Un día, chega unha muller. Leva un vestido colorido e ten unha actitude exuberante que non deixa a ninguén indiferente. Será posible que estas dúas persoas, aparentemente tan opostas, dean construído un lugar diferente, onde caiban moitas máis cores e máis persoas?
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
- A partir de 3 anos
- Teatro físico
- 45 minutos
-
Autoría
María Torres
Gonçalo Guerreiro - Dirección Gonçalo Guerreiro
-
Elenco
Pablo Sánchez
María Torres / Sofía Espiñeira
- Escenografía Gonçalo Guerreiro
- Iluminación Paulo Neto
- Produción de arte e deseño gráfico Carolina Díguele
- Música Manuel Fonte Loureiro
- Vestiario Diego Valeiras
- Perrucas Erea Pérez
-
Fotografía
Daniel Nunes
Vanessa Rábade
A compañía
Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados no xesto e no movemento, tanto para público familiar como para público adulto. A compañía busca nas súas creacións a universalidade, que xorde da fusión de diferentes linguaxes: o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais.
Creada no ano 2000 por María Torres e Gonçalo Guerreiro, que residiron os primeiros anos en Bélxica ata que se instalaron en Galicia en 2007, o seu obxectivo é desenvolver unha linguaxe teatral propia que permita tratar as cuestións sociais, existenciais e ambientais que condicionan a vivencia humana. As súas creacións representáronse nunha vintena de festivais internacionais.