Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Crisálida

Caramuxo Teatro

Nelson Corsino
Salón Teatro

Crisálida é o espectáculo número 25 da compañía, co que cumprimos 20 anos de traxectoria.

Con esta comedia queremos destacar a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado, cada vez máis dixitalizado, e facer unha homenaxe a este concepto de comercio que crea convivencia e comunidade.

Crisálida é un espectáculo de máscara, con catro actores e doce personaxes. Historias, e lugares, coma a da mercería Crisálida, máis baseadas nas relacións humanas e non só no beneficio económico, deben ser protexidas e recuperadas, porque, ademais, son parte da nosa historia e do noso patrimonio como seres humanos.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Colaboran Deputación da Coruña, Concello da Coruña, Inaem, Teatro Colón, TeVeo, Escena Galega, ASSITEJ España e La Crisálida

  • Familiar, a partir de 7 anos
  • Teatro de máscaras
  • 50 minutos
  • Dramaturxia Juan Rodríguez
    Laura Sarasola Pontón
  • Dirección Olga Margallo
  • Axudante de dirección José Luis Eiroa Dovao "Sete"
  • Vestiario Diego Valeiras
  • Escenografía Diego Valeiras
  • Realización escenografía RTA
  • Deseño luz Suso Jalda
  • Luz e son Suso Jalda
  • Monicreque Iker Pérez
  • Máscaras Antía Ferrer
  • Banda sonora Tito Barbeito
  • Fotografía Nelson Corsino
  • Cartel Carlos Comendador
  • Elenco Josito Porto
    Anahí Taraburelli
    Juan Rodríguez
    Laura Sarasola Pontón

A compañía

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familar nada na Coruña no ano 2003, dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola Pontón. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, con especial responsabilidade co público máis novo. Dende os inicios mestura diferentes técnicas: teatro de actor, monicreques, danza...

A liña de traballo parte de ideas creativas elaboradas a partir da observación da vida, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural, ademais do artístico, que consigan a fidelización do público.

 

Contratación

Laura Sarasola Pontón
610 848 781
labla000@msn.com
www.caramuxoteatro.com
Juan Rodríguez Santiago
699 521 803
info@caramuxoteatro.net