Ir ao contido da páxina
  1. Programación

BenQuerer

Fran Sieira, compañía de danza

Aigi Boga
Salón Teatro

BenQuerer é unha peza íntima que conecta co cotián, co día a día, e cos nosos procesos de adaptación ante os cambios. Non fala da felicidade permanente, nin de estar sempre ben; fala de aceptar os momentos nos que o corpo di basta, de coidarse e de aprender a poñer límites. Nun mundo de constante cambio, nun sistema que premia producir, avanzar, continuar... podemos permitirnos parar? Podemos mostrarnos vulnerables, sen medo ao xuízo ou a ser vistas como fráxiles?

Desde as marxes e sempre con perspectiva de xénero, esta nova proposta de Fran Sieira convida, a través do seu propio relato, a reflexionar sobre a importancia do autocoidado emocional, o amor propio e o respecto a unha mesma.

  • Adulto
  • Danza
  • 55 minutos
  • Autoría Fran Sieira
  • Dirección Fran Sieira
    Colectivo VACAburra (Gena Baamonde e Andrea Quintana)
  • Elenco Antía Ameixeiras
    Sabela Caamaño
    Fran Sieira
  • Música Caamaño&Ameixeiras
  • Coreografía Fran Sieira
    Andrea Quintana
  • Vestiario Érica Oubiña
  • Iluminación Fidel Vázquez
  • Espazo sonoro Isaac Millán
  • Espazo escénico Fran Sieira, compañía de danza
  • Cestería Fran Sieira
  • Fotografía Aigi Boga
  • Cartel NoveNoel
  • Folleto de man e dossier Sol Álvarez
  • Dinámica posfunción Nancy Silva
    Thais Núñez
  • Accesibilidade Mada producións
  • Distribución Urdime

A compañía

Fran Sieira, compañía de danza, creada no ano 2017, fundamenta o seu traballo nunha revisión do folclore galego dende un marco contemporáneo. A compañía estuda o movemento a través do baile tradicional galego e utilízao como o seu principal mecanismo de expresión, creando unha linguaxe do movemento de vangarda como reflexo da nosa tradición.

A través da creación colectiva, achega proxectos artísticos con vocación social e con moi boa acollida entre o público. Dende as marxes, a compañía crea espectáculos que teñen a vontade de xerar conciencia social e devolverlle á sociedade aquilo co que a inspirou.

Contratación

Emi Candal-Urdime
619 920 335
xestion1@urdime.net
urdime.gal