Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Artur Ui, o ovo da serpe

Talía Teatro

Vanessa Rábade
Teatro Principal

Artur Ui, o ovo da serpe é unha aposta por contar o momento actual a través da lente crítica e irónica do teatro épico. Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico do século XX, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos do poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co momento actual no que o fascismo asoma novamente o fociño fóra do ovo.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Adulto, a partir de 13 anos
  • Teatro
  • 95 minutos
  • Autoría Bertolt Brecht
  • Dirección Quico Cadaval
  • Elenco Dani Trillo
    Marta Lado
    Toño Casais
    María Ordóñez
    Diego Rey
    Marta Ríos
    Xurxo Barcala
    Artur Trillo
  • Adaptación Quico Cadaval
    Diego Rey
  • Escenografía Dani Trillo
  • Iluminación Dani Trillo
  • Son Manu Abraldes
  • Vestiario Martina Cambeiro
  • Música Manu Abraldes

A compañía

Talía Teatro é unha compañía que se dedica á creación e distribución de espectáculos teatrais e que completa a súa actividade con servizos de produción para outras entidades, así como coa xestión de escolas de teatro. Dispón dunha grande oferta de espectáculos de diferentes formatos e temáticas, que atenden a distintos públicos. Espectáculos con selo propio, coidados artística e esteticamente e que definen un estilo e unha forma de facer teatro.

Contratación

Artur Trillo
630 877 153
info@taliateatro.gal
taliateatro.gal