Ir ao contido da páxina
  1. Programación

Arraianos

Sarabela Teatro

Auditorio ABANCA

Arraianos é unha suma de relatos que estremecen e fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Historias de meigas, contrabando, caciquismo e agrarismo.

Cunha beleza inmensa e evocadora, Ferrín consegue reconciliarnos coa maxia da súa delirante maneira de describir o mundo. É na Raia Seca, mundo mítico, creado polo autor, onde viven personaxes posuídos polo pasado, polas paixóns, polo poder das supersticións e dos mitos. Ao redor dunha icona territorial, o monte Penagache. Na fronteira, liña invisible entre a Galicia interior e o norte de Portugal; onde se funden a realidade e a ficción; a vida e a morte. No límite da fantasía.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

  • Todos os públicos
  • Teatro
  • 70 minutos
  • Autoría X. L. Méndez Ferrín
  • Dirección Ánxeles Cuña Bóveda
  • Adaptación Ánxeles Cuña Bóveda
    Fernando Dacosta
  • Escenografía Baltasar Patiño
  • Iluminación Baltasar Patiño
  • Son Vadzim Yuknevich
    Renata Codda Fons
  • Vestiario Sarabela
    Tegra V. Carpentier
    Lele Álvarez
  • Dramaturxia do movemento Rut Balbís
  • Máscaras e imaxes Iris Branco
  • Distribución Culturactiva
  • Elenco Elena Seijo
    Fernando Dacosta
    Vadzim Yuknevich
    Fran Lareu
    Fernando González
    Sabela Gago
    Fina Calleja

A compañía

Sarabela é unha compañía de creación, formación e organización de festivais. Defende un teatro de repertorio, de acción, emoción, experiencia poética e comunitaria. O seu proxecto soubo atraer e fidelizar o público con propostas que van desde autores clásicos e contemporáneos ata adaptacións que se achegan ás novas linguaxes.

Nos seus 42 anos, Sarabela foi construíndo un equipo sólido, unha experiencia teatral ateigada de propostas recoñecidas con máis de 60 premios. Propón un teatro vivo, con equipos artísticos potentes e interlocutoras leais, espectadores que son a súa razón de existir e están ávidos por compartir paisaxes emocionantes, como unha necesidade imperiosa de nutrir a vida.

Contratación