Hasta que la muerte nos separe
Inconstantes Teatro
No escenario, un actor, unha actriz e un músico. De idades parecidas, constrúen dous personaxes dos que entran e saen, unha parella que se separa tras una longa convivencia na que ambos soñaron acabar as súas vidas xunto ao outro. Pero teñen unha filla, que fai que a famosa frase do rito católico “ata que a morte nos separe” adquira todo o seu vigor.
O actor e a actriz falarán de amor, de costume, de diñeiro, de fillos, do pasado, presente e futuro; de soños que se fían e rompen, de verdade ou relato…
Hasta que la muerte nos separe reflexiona sobre a parella como construción social, cultural, económica e relixiosa. A filla é obxectivo, pegamento, escusa, xustificación, pero, finalmente, sempre ocupa o terceiro lugar. A sociedade evoluciona, a idea occidental de familia, non.
(Ver nota informativa en descargas)
- Adulto
- Teatro
- 75 minutos
- Autoría e dirección Emilio del Valle
- Asistente de dirección Estefanía Ramírez
- Deseño de iluminación José Manuel Guerra
- Escenografía e attrezzo Florencia Nin
- Deseño de vestiario Ana Rodrigo
- Audiovisual e deseño gráfico Jorge Muñoz
- Música orixinal Nacho Vera (Capitán Bazofia)
- Fotografía María Alperi
- Vídeo Cinema Oeste
- Produción executiva A Fuego Lento, gestión y creación
- Distribución Carlos M. Carbonell - CRÉMILO
-
Elenco
Rosa Manteiga
Jorge Muñoz
Nacho Vera (Capitán Bazofia)
A compañía
Inconstantes Teatro é unha das compañías madrileñas máis lonxevas, cuxa liña de traballo que se caracteriza pola contemporaneidade das súas propostas, por poñer os contidos no eixe do seu traballo e o respecto profundo ao actor.
Entre as súas producións destacan El Rey Lear, de R. García, La vida es sueño, de Calderón, Abre el ojo, de Fco. de Rojas, La lluvia amarilla, de J. Llamazares, ou Antígona Siglo XXI, de Sófocles. En 2020 produciu J´attendrai, de J.R. Fernández, espectáculo polo que Emilio del Valle, director artístico da compañía, recibiu o premio ADE 2021 á mellor dirección.
A compañía contratou máis de dous centenares de profesionais ao longo de case 30 anos de historia. Percorreu os principais escenarios madrileños, así como o resto de España, Francia e América do Sur.