Alleo
Colectivo Glovo

Todo comeza alí arriba, onde albiscamos o que acontece e se rexistra o alleo do campo e do mar. Desde a miña posición apréciase a verdade; a torre é cálida, é laranxa. Os raios de sol fúndense nas fisuras e rompen baixo pedras rotundamente terreais. Aquela ardente soidade queima e destrúe o privilexio do indicio, deixándonos no abandono ante a eterna inmensidade.
Alleo baséase na idea da atalaia. Parte do condicionamento da “privilexiada” posición da torre e de quen desempeñaba o papel da vixilancia. Habitamos ambos corpos: o poder que outorgaba o coñecemento do descoñecido e do que estaba por vir, así como a soidade desa posición e do peso do descubrimento do alleo.
Co apoio de INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España, Red Acieloabierto 2023, Danza a Escena 2023 e Galicia Danza Contemporánea
- Todos os públicos
- Danza, artes do movemento
- 15 minutos
- Autoría Colectivo Glovo
-
Dirección
Esther Latorre
Hugo Pereira
- Son Collage
- Vestiario Jandro Villa
- Apoio en xestión Manu Lago
-
Elenco
Esther Latorre
Hugo Pereira
A compañía
Colectivo Glovo é unha compañía de danza galego-portuguesa con sede en Galicia, codirixida por Hugo Pereira e Esther Latorre.
A compañía busca aportar semente ao tecido artístico presente na comunidade, xerando espazos de colaboración con outros artistas, non só en Galicia senón tamén con proxección internacional.
Formou parte do circuíto Red Acieloabierto 2020 e 2023, do catálogo Danza a Escena 2021 e 2023, do catálogo de recomendación Programa.cat 2023 de Cataluña. Presentou os seus traballos en feiras como MAPAS, Feria Internacional de Teatro y Danza de Huesca ou Galicia Escena Pro, entre outras. Coas súas pezas recibiu diferentes mencións e premios en festivais europeos.