Vestirme de ti
Furia Sotelo

Vestirme de ti é unha metáfora das relacións humanas e a interdependencia que se crea cando interactuamos con outros individuos.
A peza critica a exaltación da independencia que nos transmite o sistema de consumo no que vivimos e defende a necesidade de apoio mutuo nas nosas relacións.
Un dúo de danza para rúa ou espazos non convencionais que reflexiona sobre o equilibrio entre opostos.
- Adulto
- Danza contemporánea, espectáculo de rúa
- Estrea
- 15 minutos
-
Creación e coreografía
Clara Ferrao
Maximiliano Sandford
Nuria Sotelo
- Dirección Maximiliano Sandford
- Colabora A Casa Vella
-
Intérpretes
Clara Ferrao
Nuria Sotelo
A compañía
Licenciada Sotelo aparece en 2010 coa presentación do solo de Nuria Sotelo, dirixido por Ana Vallés, Métanse nos seus asuntos. A partir dese momento, Nuria Sotelo, co corpo e o movemento como centro, camiña na procura dunha linguaxe escénica ecléctica e multidisciplinaria. As oito pezas producidas pola compañía participaron en redes de teatros autonómicos, nacionais e en festivais nacionais e internacionais de teatro, danza e artes performativas. A obra Ensaio amor foi premiada na 30.ª edición do Certamen Coreográfico de Madrid. Co seu último espectáculo de sala, Mortais e vulnerables, Licenciada Sotelo dá paso a Furia Sotelo, lugar no cal se constrúe Vestirme de ti.