Vaivén
Marcia Vázquez

Vaivén é unha peza escénica de danza contemporánea que navega en mareas vivas. Tras a tormenta, o océano cospe á beiramar todo aquilo afogado na profundidade. A area está chea de restos inconexos de memoria. Será suficiente este corpo para reconstruíla antes de que volva subir a marea? Unha investigación que se mergulla nas vibracións, nas ondas sonoras e que reverbera, á súa vez, no oceáno interior das emocións.
Co apoio de La Faktoria Choreographic Center, Centro Coreográfico María Pagés, Uharte Zentroa e o Programa Residencias Paraíso
- Adulto
- Danza contemporánea
- 50 minutos
- Dirección Marcia Vázquez
- Coreografía e interpretación Marcia Vázquez
- Asistencia de movemento Martín Los Arcos
- Visuais Marta Valverde
- Iluminación Violeta Martínez
- Ambiente sonoro Acacia Ojea
- Vestiario Marta García
- Produción Sabela Ramos
- Distribución Lilian Portela
A compañía
Marcia Vázquez (Vigo) é bailarina, creadora e xestora cultural. Comeza a súa traxectoria nas danzas urbanas, acabando finalmente na danza contemporánea e formándose en La Faktoria Choreographic Center.
O seu primeiro solo, Onde pousa a humidade, foi premiado no Festival DZM e seleccionado dentro do Certamen Internacional MASDANZA, en 2022. Estrea o seu primeiro espectáculo de sala, Vaivén, no Teatro Rosalía Castro.
Forma parte de Bipedestrucción e El espacio que (no) habitamos. Traballa en proxectos híbridos, con variedade de artistas, dentro da videodanza e o audiovisual. Marcia é unha artista inseparable da súa reivindicación persoal: corpo-comunidade, territorio-identidade.