Iphixenia na porta do súper
Compañía Humana
Unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión, do galés Gary Owen, premiada como mellor texto de 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Estreada xa en varios países cun éxito rotundo. Agora chega por primeira vez a Galicia e en galego este emocionante e necesario monólogo que fala das consecuencias dos recortes sociais, a través da vida da súa protagonista de clase baixa. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tras as colas na atención primaria, o recorte de camas hospitalarias, a ausencia de médicos...
Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
- A partir de 12 anos
- Teatro
- 75 minutos
- Autoría Gary Owen
- Dirección Sara Rey
-
Adaptación
Fran Peleteiro
Alba Caneda
- Tradución Compañía Humana
- Escenografía As Dúas e Punto
- Iluminación As Dúas e Punto
- Vestiario Compañía Humana
- Espazo sonoro Marcos Grandal
- Elenco Alba Caneda
A compañía
Compañía Humana é unha produtora galega de teatro de recente creación, promovida por Antela Cid e Fran Peleteiro, profesionais da escena con máis de vinte anos de experiencia en proxectos escénicos e audiovisuais. As claves da compañía son os espectáculos de corte social dirixidos a público adulto e adolescente, con textos conectados coa nosa realidade e cos mellores talentos da interpretación. O seu nome alude á nosa condición neste mundo cada vez máis dixitalizado, onde atoparse é unha necesidade. O teatro é a arte do humano. O encontro entre persoas que se acompañan nun espazo e tempo comúns para imaxinarse como sociedade. Humana é a nosa condición e Humana é a nosa compañía.