Ir ao contido da páxina
  1. Programación

O circo e a danza nas feiras e circuítos estatais

Centro Obra Social ABANCA

Xuntanza que servirá para reflexionar sobre o papel do circo, a danza e as artes do movemento nas feiras e nos circuítos de programación estatais e a súa visibilidade dentro das programacións escénicas.

Coa exposición de diferentes proxectos de acompañamento e coprodución que se están desenvolvendo actualmente, abordarase o papel que as organizacións teñen na promoción e no fomento destas artes e a maneira de establecer relacións máis efectivas entre os axentes culturais, administracións, feiras, festivais e público para maximizar o impacto destas disciplinas, que contribúen a enriquecer a oferta artística das programacións.