Ir ao contido da páxina
  1. Programación

A mediación cultural nas artes escénicas. Proxectos e dinámicas

Centro Obra Social ABANCA

Adentrarse na importancia da mediación cultural nas artes escénicas e o seu impacto na creación de audiencias é o obxectivo desta mesa na que se presentarán as dinámicas e estratexias implementadas por tres dos proxectos de mediación máis relevantes na actualidade: os proxectos Ornitorrinco, iniciativa de La Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública; Audaces, da Asociación Internacional de Teatro para la Infancia y la Juventud (ASSITEJ), e o programa posto en práctica polo Teatro Art´Imagen de Maia, Portugal.

Con estes proxectos como referentes, analizaranse as iniciativas e tácticas que poden desenvolverse nos espazos culturais para lograr unha maior conexión coa cidadanía, a busca de puntos de conexión entre as organizacións públicas e privadas e os retos e desafíos que se presentan para contribuír a xerar un impacto social positivo que permita o achegamento das artes escénicas a un público amplo e diverso.