Ir ao contido da páxina
  1. A Feira

Información xeral

Datas de celebración

Galicia Escena PRO 2023 celebrarase do 29 de maio ao 1 de xuño en Santiago de Compostela.

Consulta a programación.

Prazo para inscrición

A inscrición para a asistencia a GEP debe realizarse a través da área profesional ata o 28 de abril ás 15.00 h

Poden inscribirse

  • Programadores e programadoras de espazos escénicos públicos e privados, festivais e feiras.
  • Empresas distribuidoras que representen como mínimo a cinco compañías e así o acrediten.
  • Compañías.
  • Medios de comunicación relacionados coas artes escénicas.

Condicións

  • Só se acreditará unha persoa por entidade.
  • Terán prioridade na inscrición programadores e programadoras, feiras, festivais e representantes de institucións públicas.
  • No caso dos programadores e programadoras, feiras e festivais, GEP garante unha acreditación con dereito a unha entrada para cada espectáculo e aloxamento en cuarto individual durante os catro días de Feira.
  • No caso das empresas distribuidoras, GEP garante unha acreditación con dereito a unha entrada por cada espectáculo e aloxamento, sempre e cando haxa dispoñibilidade de cuartos.
  • Para as compañías, a organización garante unha acreditación con dereito a unha entrada por espectáculo e a posibilidade de participar nos encontros profesionais que se celebren.

Acceso aos espectáculos

  • As persoas acreditadas terán dereito a unha entrada por espectáculo e deberán realizar a reserva a través da área profesional nos prazos que estableza a organización.
  • Non haberá venda de entradas para público xeral. Non obstante, as persoas que queiran asistir poderán recoller un convite por espectáculo na oficina de coordinación da Zona PRO (Centro Obra Social Abanca, Praza de Cervantes, s/n, Santiago) os mesmos días da Feira, en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
  • O acceso aos espectáculos realizarase na seguinte orde: persoas acreditadas con entrada reservada, persoas acreditadas sen reserva de entrada e público xeral con convite.

Zona PRO

Centro Obra Social ABANCA
Praza de Cervantes, s/n
Santiago de Compostela

Acreditacións e información
Horario: de luns a xoves,
de 9 a 14 h e de 16 a 19 h

Espazo de traballo e encontros profesionais
Horario: de luns a xoves,
de 9 a 14 h e de 16 a 19 h