Información para...
Datas de celebración
Galicia Escena PRO 2023 celebrarase do 29 de maio ao 1 de xuño en Santiago de Compostela
Presentación de propostas
As compañías galegas poderán presentar as súas propostas en formato completo ou formato pitching do 6 ao 15 de marzo a través da área profesional desta web.
Comisión de selección
No marco desta organización compartida entre a Agadic e Escena Galega, será esta asociación, a través dunha comisión artística integrada por profesionais do sector, a encargada da selección das propostas, coa finalidade de configurar unha programación variada, equilibrada e de calidade, na que estean recollidas todas as disciplinas artísticas. As persoas integrantes desta comisión daranse a coñecer unha vez realizada a selección.
Formato completo
Para espectáculos estreados entre o 7 de xuño de 2022 e o 28 de maio de 2023. Poderanse presentar, así mesmo, espectáculos para a súa estrea en GEP.
A organización asume o 40 % do caché (sen necesidades técnicas) que figura na oferta da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Formato pitching
Para a presentación de proxectos de espectáculos pendentes de estrea. Durante 6 minutos, a compañía poderá dar a coñecer a súa proposta.
Neste formato, a organización non asume ningunha remuneración económica.
Os pitching desenvolveranse na sala de conferencias do Centro Obra Social ABANCA, na praza de Cervantes.