Espectáculos 2021
Proxectos en formato pitching
  • A igualdade non ten truco Magia en la Manga

    Por que hai máis magos que magas? Estamos máis afeitos a ver magos, pero tamén existiron e existen hoxe moitas mulleres magas.

    Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, de Magia en la Manga, chega este espectáculo divertido e máxico para toda a familia, que busca promover a igualdade de xénero a través do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.

    Viaxes e transformacións inexplicables, un conto de fadas reinventado ou unha volta atrás no tempo, á época das primeiras e máis importantes magas. Unha aventura máxica chea de sorpresas ata o final onde nada é o que parece e na que descubriremos que, efectivamente, a igualdade de xénero non ten truco ningún.

     

    Contacto

    Carlos Tomico Pérez
    659 896 370
    info@magiaenlamanga.com
    www.magiaenlamanga.com

  • A nena que vivía nunca caixa de mistos Caramuxo Teatro

    A nena que vivía nunha caixa de mistos é unha proposta que traballa a partir dun conto tradicional cunha linguaxe contemporánea e actual, coidando os detalles no fondo e na forma e colaborando con artistas galegos de diferentes disciplinas.

    Parécenos importante traballar o tema da pobreza infantil e a orfandade, relatado no conto, cunha mensaxe positiva sobre o poder do cambio.

    Temos como obxectivo que este proxecto sexa unha ferramenta educativa para aqueles que a queiran utilizar para traballar conceptos, contidos e actitudes relativos á lingua e cultura galegas, pero tamén á infancia, á orfandade e á fame no mundo, na procura da súa solución.

    A estrutura da historia é moi sinxela: unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender mistos e, pola noite, coñece dous pequenos amigos: un can e un paxaro.

    A estética do espectáculo vai recordar ás películas de Jean Pierre Jeunet.

    Contacto

    Laura Sarasola Pontón
    610 848 781
    info@caramuxoteatro.net
    www.caramuxoteatro.com

  • Fatal, falta Tafall! Fantoches Baj

    Unha comedia para público familiar na que o xefe de tranvía Tafall, acompañado do seu amigo acordeonista Norteiro, ilustra con números musicais con marionetas as sete veces en que o deron por morto e que levaron aos veciños a murmurar: “Fatal, falta Tafall!”

    Pepe Tafall (1874-1922) foi caixista de imprenta, xornalista, pioneiro do ciclismo, actor do xénero chico, revisor de tren e factor do destartalado tranvía de Marín a Pontevedra. Encarna, como poucos, a conflitiva entrada de Galicia na modernidade, sufrindo nas súas carnes accidentes de bicicleta, de tren e de tranvía e enfermidades como a pulmonía ou a gripe española, da que finalmente faleceu.

    Contacto

    Emi Candal
    619 920 335
    emicandal@urdime.net
    https://urdime.gal/project/fantoches-baj/

  • Semente. O home que plantaba árbores eme2 producións

    Inspirado en acontecementos reais, Semente. O home que plantaba árbores, de Jean Giono, é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor. Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.

    É unha historia admirable que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando unicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.

    Contacto

    Mercedes González Castro
    679 449 970
    emedous@emedous.com
    www.emedous.com

  • Bailador Óscar Cobos Compañía de Danza

    Bailador é unha xerometría octocéfala, é a terra vista cos pés na terra, na procura da beleza agochada na translucidez da constancia. É a minuciosidade puntillista do fino encaixe que alza os ollos buscando horizontes máis azuis e máis amplos. É un “perpetuum mobile” que vive cuestionándose a si mesmo, que invita a deter o acelerado ritmo da vida cotiá e que anima á observación, á contemplación, á reflexión e a facerse preguntas, cada un á súa maneira.

    Contacto

    Óscar E. Cobos Martínez
    605 370 2 52
    oscarecobos@hotmail.com

  • Guerra de identidade DeuVe

    Obsesionada coa figura ausente e controvertida do seu pai (deportista de elite e militar na guerra dos Balcáns), unha muller, metade galega e metade croata, narra a viaxe que traza para coñecer a súa familia. Facendo o espectador cómplice de segredos inconfesables e cun pano de fondo que danza entre guerras históricas e conflitos individuais, conta a súa batalla, loitando entre o dramático e o cómico, o testemuño e a imaxinación, a memoria persoal e a colectiva.

    Esta é a historia dunha filla que busca o amor do seu pai, un criminal de guerra, e é a miña propia historia.

    Contacto

    Déborah Vukusic
    661 567 285
    deborahvukusic@gmail.com
    http://www.guerradeidentidad.com

  • Mortais e vulnerables Furia Sotelo

    Mortais e vulnerables é o segundo solo de Nuria Sotelo.

    Despois de 11 anos da aparición do primeiro solo, Métanse nos seus asuntos, que marcou o comezo de Licenciada Sotelo, Mortais e vulnerables vén marcar a transformación en Furia Sotelo.

    Este solo de danza contén o paradoxo dende a súa presentación inicial, xa que xorde do desexo do encontro, da necesidade do encontro, da vontade de continuar indagando na práctica da creación colectiva. Un corpo ao servizo das olladas das diferentes coreógrafas que acompañan o proceso de creación. Un corpo vulnerable, fráxil ante as olladas que o fortalecen. Un corpo que se constrúe a través das outras. E o sempre vívido desexo de bailar.

    O desexo de levar a cabo Mortais e vulnerables xorde antes da pandemia, como unha especie de premonición, adquirindo novos significados ante esta nova realidade.

    Contacto

    Nuria Sotelo / Sonsoles Cordón
    657 278 320 / 625 383 489
    nuriasotelo@gmail.com / sonsolescordon@gmail.com
    www.licenciadasotelo.com

  • Veneficio (do cotián e como remedialo) miguel ponce de león

    Veneficio (do cotián e como remedialo) concíbese desde un principio como unha obra de contido ensaístico centrada na estética prosaica e nos fenómenos máxicos. A obra maniféstase por múltiples vías; a principal: unha obra de teatro-ensaio unipersoal na que o protagonista se apoia nas notas dos seus diarios para conducir o seu discurso de reflexión e confesión. Demostra como toda experiencia estética, incluíndo a experiencia máxica, ten a súa orixe no suxeito estético e non na realidade que o rodea. Ofréceselle ao público un rito de xeración de convención e verdade, onde o máxico se desprende do misticismo para ser contemplado na súa pertinente realidade mundana.

    Contacto

    Miguel Ponce de León Martínez
    618 863 174
    miguel.poncedeleon.martinez@gmail.com

  • As que limpan A Panadaría

    Un cartel pendurado no manubrio do cuarto: “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son as que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico que conduce á precariedade.

    As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

    É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sostible? Quen limpa a casa da limpadora? As que limpan non fala só de limpadoras, fala das mulleres e do piso mollado sobre o que camiñamos cada día.

    Contacto

    Areta Bolado
    650 454 549 / 626 700 444
    apanadaria@hotmail.com
    http://apanadaria.com

  • Comando Comadres Matrioshka Teatro

    A través do humor, un grupo de artivistas organizadas por comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Mulleres preparadas para as encomendas máis perigosas levan a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión: espertar conciencias e crear unha rede de comandos Comadres a nivel mundial centrada na importancia da igualdade dos dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros, tanto no ámbito público coma no privado.

    Comando Comadres rende homenaxe tamén a todas as heroínas de a diario, ás mulleres invisibilizadas, á historia oculta do noso pasado.

    Contacto

    Anabell Gago
    654 598 430
    matrioshkateatro@gmail.com
    http://matrioshkateatro.wix.com/matrioshka

  • Poeta en Nova York Teatro baixo da area

    Viaxaremos con Lorca por un Nova York nada afastado dos temas actuais da nosa sociedade, recollendo o seu labor de denuncia. O autor quere espertar unha parte enferma da sociedade que non quere saber. Detecta o shock dunha conciencia sobreestimulada, a negación de todo o contemplativo, a melancolía e a soidade do individuo.

    Farémolo a través de tres personaxes que desembocan no propio Lorca: Forma, Cinza e Traxe, que irán dende un faiado de Granada ata unha azotea de Nova York.

    Permanentemente moderna, de irremediable actualidade, unha proposta contemporánea coa disposición do público na escena e con toda unha programación pedagóxica para o alumnado adolescente.

    Contacto

    Paloma Lugilde Rodríguez
    649 948 266
    produtora.palomalugilde@gmail.com
    https://producionspalomalugilde.es

  • Smoke on the water Ibuprofeno Teatro

    Ibuprofeno Teatro presenta Smoke on the water (Premio Varela Buxán 2013), unha traxicomedia sórdida escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, con Josito Porto, Belén Constenla, María Costas e Adrián Ríos no elenco, e Mon Orencio como músico en escena e encargado do espazo sonoro.

    Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.

    Ritchie (Blackmore) e Janis (Joplin), perdedores e fracasados, levan 25 anos en plena crise matrimonial, cando Alex, un gigoló de ideoloxía transgresora, entra nas súas vidas para acabar de afundilas.

    Unha produción para público adulto, con música en directo, en residencia artística no Teatro Principal da Estrada.

    Estrea, en febreiro de 2022.

    Contacto

    Santiago Cortegoso
    696 730 037
    ibuprofenoteatro@ibuprofenoteatro.com
    ibuprofenoteatro.com

Galerías de imaxes Descarga de materiais GEP
Cartaz JPG, 473 KB Cartel del festival
Programa PDF, 3 MB Programa del festival
Cadro de programación PDF, 206 KB Programa del festival
Descarga de materiais complementarios das compañías
Instala a nosa web app no teu iPhone. Preme «Compartir» e despois "Engadir á pantalla de inicio"