AGADIC Xunta de Galicia
Espectáculos 2016
Showcases 2016 Proxectos en formato pitching
  • Salvador Compañía Borja Fernández

    Salvador é un espectáculo sobre os movementos migratorios dos galegos a América do Sur nos anos 50-60.

    O proxecto está a metade de camiño entre o teatro-documento e a ficción escénica, e ten como punto de partida a emigración e desaparición de Benito Fernández (avó de Borja Fernández).

    Contacto

    Borja Fernández
    655 333 005
    borjasalcedo@gmail.com

    www.borjafernandez.es

  • O robot e a doutora Pi: tribulacións na procura dun soño Cinema Sticado

    Baseada nun suposto futuro, esta é a historia dun robot que anda á procura dos soños dos humanos e dunha doutora que procura o seu soño entre robots.

    É que ninguén soña xa neste planeta?

    Contacto

    Xosel Díez
    609 649 878
    xoseldiez@yahoo.es

    www.cinemasticado.com

  • O tolleito de Inishman Contraproducións

    Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosos, pintorescos, característicos… Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.

    Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante composta para o espectáculo, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.

    Contacto

    Belén Pichel
    605 263 755 / 610 106 808
    belenpichel@gmail.com

  • Vaia heroe de merda Grupo Chévere

    Vaia heroe de merda é un traballo de teatro documento sobre o movemento de insubmisión dos anos 80 e 90 do século XX en España, sobre as persoas que formaron parte do mesmo e sobre as relacións establecidas co aparato do Estado, coa sociedade no seu conxunto e entre os propios suxeitos protagonistas do movemento, feito a partir da memoria e da experiencia persoal de César Goldi, actor que foi xulgado, condenado e privado da súa liberdade no cárcere da Coruña por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria. Trátase por tanto de conectar a memoria individual coa memoria colectiva dunha xeración e co imaxinario dunha época a través dun dispositivo especificamente teatral.

    Este é o primeiro proxecto sementado na Berberecheira, un laboratorio de creación escénica promovido polo grupo Chévere para a xestión colectiva de proxectos de creación que desborban o núcleo estable da compañía, dando soporte e incorporando as voces e as poéticas doutras persoas colaboradoras ao discurso do grupo.

    Contacto

    Patricia de Lorenzo
    981 594 996
    info@grupochevere.eu

    www.redenasa.tv

  • O baúl do mago Mago Rafa

    O baúl do mago é unha iniciativa cultural innovadora nas artes escénicas, única en Galicia, que converte unha antiga caravana nun dos espazos escénicos máis pequenos e acolledores do mundo, intentando así achegar a maxia á sociedade dun xeito máis cercano e divertido.

    O baúl do mago desprázase a calquera punto: á porta das escolas, ás localidades que non dispoñen dun teatro propio, ás localidades que, dispoñendo de teatro propio, queren amosar outro concepto de espectáculo nunhas condicións idóneas para a representación, a unha residencia de maiores ou mesmo á porta da casa dunha familia.

    Contacto

    Mago Rafa
    639 615 595
    magorafa@magorafa.com

    www.elbauldelmago.com

  • O encoro enmeigado (nas fragas do Eume) Os Monicreques de Kukas

    Nun tempo no que a identidade e a cultura propia dos pobos están en regresión, consideramos fundamental recuperar elementos da nosa propia cultura popular, como pode ser todo o imaxinario de seres míticos da natureza para actualizar e confrontar con elementos que consideramos fundamentais para a educación e aprendizaxe en valores como son a ecoloxía, o crecemento sostible e o respecto polo medio ambiente.

    Neste contexto presentamos un proxecto de montaxe escénico no que se poñen en valor elementos da nosa tradición mítica xunto a problemas que o mundo moderno ten que afrontar como son as novas canles de comunicación ou a utilización dos recursos naturais para producir enerxía e como se pode chegar a un equilibrio co ecosistema sen deixar de lado o progreso.

    E todo isto nunha montaxe que mestura pasado e presente, maxia e realidade, respecto polo medio ambiente e progreso sostible nunha posta en escena divertida, poética e plasticamente moi atractiva para o espectador.

    Contacto

    Isabel Rey
    981 562 734 / 609 884 630
    monicreques@hotmail.com

    www.kukas.redbiocultural.net

  • Desconexión Soliloquio Producións Teatrais

    Todos vivimos en mundos paralelos: somos monifates movidos por conexións que non sentimos; somos presos en reixas que non vemos; soñamos con ser humanos… O individuo 724/2013 FK3 é quen de desconectarse para experimentar outras vidas, en liberdade, para intentar ir máis alá…

    Xurxo Cortázar (actor) e Santiago Cortegoso (director), cocreadores do texto, traballan por primeira vez xuntos nun espectáculo unipersoal, no que constrúen un personaxe poliédrico que emprende unha viaxe liberadora que o leva, a través de situacións (traxi)cómicas, a afrontar os desafíos existenciais inherentes ao ser humano, no contexto da sociedade opresiva na que vivimos.

    Contacto

    Xurxo Cortázar
    630 505 972
    xurxo.cortazar@gmail.com

  • Tita (un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional) Teatro Babaluva

    Tita é un espectáculo teatral sobre a intelixencia emocional, onde invitamos ao público miúdo e ás súas familias a viaxar por un mar de emocións na vida da nosa querida Tita.

    Dende un espectáculo con monicreques, teas, botellas plásticas, obxectos varios…, e da man das titiriteiras Mirari e Larraitz Urruzola, coñeceremos as causas do desacougo do personaxe de Tita e axudarémola para que saiba cómo actuar cando ten medo, ganas de chorar, ou está enfadada, conseguir sobrepoñerse e recuperar o amor.

    Contacto

    Emi Candal – Urdime
    981 937 424 / 619 920 335
    info@urdime.net

  • Rubicundo Teatro Ghazafelhos

    Todas as noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara neste personaxe, enfundado nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar até o final daquel misterio… Pois así era esta rapaza, curiosa e soñadora.

    Rubicundo é un relato de María Canosa, finalista no premio da XXIX edición do Merlín de literatura infantil 2014.

    Contacto

    Emi Candal – Urdime
    981 937 424 / 619 920 335
    info@urdime.net

  • Get back Eme2 emocion&arte

    Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e están en Londres.

    O proceso de construción desta comedia comeza cunha investigación sobre os londoners (nome que se dan a si mesmos os galegos que viven na capital británica). A achega a esta realidade permitiunos ir construíndo, mediante un modo de traballo cooperativo, un proxecto sólido que reflicte, en certo modo, a realidade fraccionada da Galicia contemporánea. Interviron e intervirán no proceso xa en marcha: Camilo Franco (traballo de investigación), Diego Ameixeiras (texto) , Jorge Coira (director), Víctor Duplá (axudante de dirección), Anxo Graña (música) e Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, Tamara Canosa, Miguel Guido e Mercedes Castro (elenco).

Galerías de imaxes Descarga de materiais GEP
Cartel JPG Cartel del festival
Cadro de programación PDF Programación del festival
Programa de man PDF Programa de mano del festival
Descarga de materiais complementarios das compañías