En Vértigo de Hitchcok, se eliminamos a Scottie, quédanos ela, ou elas, as dúas personaxes que interpreta Kim Novak: Madeleine e Judy. E elas éncheno todo. Scottie tan só é un narrador, unha inxenua testemuña do espeso arboredo feminino do filme, maduro bosque de sequoias.

Na parede, no muro ou no precipicio, Pistacatro, da man das Duelirium, trata de evocar unha atmosfera dura, réptil, percorrer o transunto que vai dunha á outra, que empeza na penumbra e remata no abismo.

As rutinas que se suceden parten dun contorno de investigación, sen abandonar en ningún momento a espectacularidade das artes verticais. Pistacatro propón, así, outros escenarios onde poder levar o circo e as artes do movemento.

Pistacatro é a compañía e a produtora de circo máis relevante das artes vivas en Galicia. Distribúe as súas propias producións ou algunhas outras que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas consideradas importantes baixo criterios de calidade e interese cultural. Logo de máis de 15 anos de vida, pretende continuar asentándose como a produtora decana das novas correntes circenses en Galicia, abrindo novos mercados e públicos.

En Vértigo, Pistacatro conta co traballo da compañía Duelirium, con máis de 12 anos de investigación e traballo en proxectos de creación aérea, e coa estreita colaboración do actor e creador de escena Diego Anido.

Contratación

Belém Brandido
627 778 351
distribucion@pistacatro.com
http://www.pistacatro.com/gl/

Xoves 9 Facultade de Ciencias da Comunicación 16.30 h

Autoría: Belém Brandido e Diego Anido
Dirección: Diego Anido
Axudantía de dirección: Paula Quintas
Coreografías aéreas: Cía. Duelirium
Rigging: Rubén Costas
Iluminación: Laura Iturralde
Son: Sara Martínez
Vestiario: Pistacatro
Música: Nacho Muñoz
Produción: Belém Brandido
Fotografía: Rubén Vilanova
Vídeo: Tamboura Films
Deseño cartel: Juan Gallego
Elenco: Raquel Oitavén e Mercè Solé (Cía. Duelirium)
Agradecementos: Arturo Cobas e Clotilde Vaello

Todos os públicos
Danza vertical
35 minutos

Descargas Enlaces

Teaser