Semellar sen imitar, figurar sen esquecer.
Escenario carnavalesco de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos.
Que muller eras ti?
Que muller es ti?
A aparencia como posibilidade de futuro.

Agosto de 2020. Atopámonos no centro de Allariz, concretamente no cruzamento entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Ante nós, unha rechamante fotografía, datada de 1925 e con autoría de Manuel Riesco. Nela, un grupo de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoia de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria e recollidos estilo belle époque, baixo o título “Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova”.

Quen eran estas mulleres? Que foi delas? Que sucedeu nese partido? Atopámonos ante unhas pioneiras?

Fronte a estas interrogantes, comezamos, sen retorno, un mergullo nas curiosidades destas travesías de vida feminizadas e aínda por descubrir.

Colectivo Glovo nace en 2016 baixo a dirección de Esther Latorre (Galicia) e Hugo Pereira (Portugal). Ademais da creación, a compañía busca aportar semente ao tecido artístico, non só en Galicia senón cunha proxección internacional notable. En 2021 comeza coa dirección de XAMBRA, asociación multidisciplinaria de Portugal. Percorreu diferentes países como España, Portugal, Italia ou México coa súa primeira e multipremiada peza M A P A, coa que conseguiu o primeiro premio no Certamen Coreográfico de Burgos & New York. Formou parte do circuíto nacional Red Acieloabierto 2020 e de Danza a Escena 2021. En 2020 crea EM·NA, coa que percorre teatros de España e Portugal. Destaca a peza MARRAFA (extracto de EM·NA), premiada en Barcelona e Austria e que recibiu catro galardóns no festival Corpo Mobile (Italia). En 2021 crea ALLEO e TABÚ (coprodución co Centro Coreográfico Galego). Dirixe as residencias de danza “Atopémonos bailando” de Lugo e coorganiza o Festival Cartografía en Movemento, tamén de Lugo.

Contratación

Hugo Pires Pereira
604 002 295
colectivoglovo@gmail.com
www.colectivoglovo.com

Mércores 8 Auditorio ABANCA 13 h

Autoría: Esther Latorre e Hugo Pereira
Dirección: Esther Latorre e Hugo Pereira
Iluminación: Pedro Fresneda
Vestiario: Colaboración con Adolfo Domínguez
Música: BABYKATZE
Elenco: Esther Latorre, Hugo Pereira, Clara Ferrão, Sybila Gutiérrez e Fran Martínez
Apoio en xestión: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Vídeo: Dani Rodríguez
Fotografía: Carlota Mosquera e Dani Rodríguez
Deseño de imaxe: Paulina Funes

Coprodución co Centro Coreográfico Galego-Agadic e Concello de Lugo. Co apoio de Teatro Ensalle, INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España, Museo MIHL, Concello de Allariz, A Casa Vella, Galicia Danza Contemporánea e Escola Palimoco.

 

Todos os públicos
Danza contemporánea
60 minutos

Descargas Enlaces

Instagram