Traxicomedia sórdida con música en directo.

Ritchie (Blackmore) vive ancorado na música dos 70, ten unha tenda de vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive despois de case 25 anos de crise permanente. Esta relación de dependencia vese ameazada pola aparición de Alex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora. O rock and roll é o pano de fondo deste enredo amoroso-financeiro entre un grupo de seres humanos fracasados, torpes, patéticos, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

Premio de teatro MOME Varela Buxán 2013.

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre decidimos, en 2010, fundar Ibuprofeno Teatro para emprender proxectos teatrais dun xeito independente, integrando a escrita dramática no proceso de creación e posta en escena.

Procuramos o rigor na dramaturxia, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e procesos de creación. Gústanos falar dos temas clave que afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar e que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.

Contratación

Santiago Cortegoso
696 730 037
ibuprofenoteatro@ibuprofenoteatro.com
www.ibuprofenoteatro.com

Xoves 9 Salón Teatro 20 h

Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso
Movemento escénico e axudantía de dirección: Carmela Bueno
Escenografía: Pablo Giráldez “O Pastor”
Iluminación: Salvador del Río
Espazo sonoro e dirección musical: Mon Orencio
Vestiario: Marián Bañobre
Xastra: Bety Busto
Caracterización: Baia Fernández
Elenco: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e Mon Orencio.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

Adulto
Teatro
85 minutos

Descargas Enlaces

Twitter
Facebook
Instagram