Europa, verán de 2001. A cidade de Ragazzo vive a restrición de dereitos sociais máis grande dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, rexistros, detencións… 30.000 axentes percorren as rúas e protexen os líderes do G8 na súa xuntanza.

Ragazzo está de vacacións: ten tempo de ir a concertos, escribir, incluso de namorarse e, por suposto, de participar no Fórum Social, soñando e provocando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedar na columna dos desobedientes.

Ragazzo é unha oda á xuventude, un canto á liberdade e un grito á vida; unha reivindicación da memoria colectiva que os donos do mundo nunca escribirán para nós.

Orixinal do barallete, ”barrosanta” refírese á persoa que se dedica a traballar nos labores da ”barrosa” (feira, festa) como animadores, festeiros, músicos, feirantes…

Este primeiro espectáculo define os cimentos dunha compañía centrada no compromiso e na denuncia social e na contemporaneidade e o interese escénico. Nace en Barbadás, nas marxes da capital ourensá, que vive unha forte crise cultural na actualidade, co obxectivo de facer brotar nova actividade teatral. A loita de Barrosanta, igual que a de Ragazzo, faise dende a festividade, dende a reunión co público, onde destaca a alegría da revolución.

 

Contratación

Anxo Outumuro
669 029 556
anxooutumuro@gmail.com
barrosantacia@gmail.com

Mércores 8 Teatro Principal 20

Autoría: Lali Álvarez
Dirección: Xavier Castiñeira
Tradución: Anxo Outumuro
Escenografía: Desguaces Petelos
Iluminación: Violeta Martínez
Vestiario: Acontravento
Elenco: Anxo Outumuro

 Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

Adulto
Teatro
75 minutos

Descargas Enlaces

Teaser