Un solo que afonda na espera e na relación do corpo co tempo pasado e presente. A inspiración vén dos naufraxios na Costa da Morte. “Unha homenaxe ás mulleres, as que sempre agardan a que o océano lles devolva, polo menos, os restos de ósos dos seus parentes. Mentres, o sal cuartea as mans que tecen, rede a rede, o que as mantén en terra”.

Marcia Vázquez (1994), bailarina e creadora viguesa. Comeza pola danza urbana en formato batalla ata que se decanta finalmente pola danza contemporánea. Forma parte da terceira e cuarta xeración da formación internacional de La Faktoria Coreographic Center. Seleccionada pola Red Acieloabierto na bolsa de itinerarios formativos en 2019. O seu solo Onde pousa a humidade recibiu dous premios no Festival DZM e unha mención especial “por levar o local lonxe”. Traballou en proxectos híbridos con variedade de artistas, no audiovisual e na música, especialmente. Marcia é unha artista inseparable da súa reivindicación persoal, corpo-comunidade, territorio-identidade.

Contratación

Marcia Vázquez
664 811 644
marciavr94@gmail.com

Martes 7 Praza de San Martiño Pinario 12.30 h

Autoría: Marcia Vázquez
Asesoramento escénico: Carmen Larraz, Paula Ramis e Raquel Jara
Vestiario: Margarita Ramírez
Música: Mercedes Peón e Leilía
Ambiente sonoro: Guillermo Alfaro e Marcia Vázquez
Intérprete: Marcia Vázquez

Todos os públicos
Danza contemporánea para espazos non convencionais
14 minutos

Descargas Enlaces

Vídeos