Teatro-documental que nos amosa como se desenvolveu o inicio da Guerra Civil en Galicia.

Marta Pérez, codramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, da Cañiza. Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila, Tirso foi apresado e fusilado en 1936 no Castro de Vigo cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a II República. María Gómez conseguiu salvarse do fusilamento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e acabou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

Inversa Teatro é unha compañía dirixida e xestionada por Marta Pérez, desde 2009, que aposta por levar a escena textos de dramaturgos e dramaturgas galegas contemporáneas. Centrada na creación desde unha perspectiva feminista e cun discurso que pon en valor o pensamento crítico coas estruturas sociais establecidas.

Realizou xiras e asistiu a diferentes festivais durante 2012, 2013 e 2014 polo Brasil, Colombia, México, Venezuela, Estados Unidos e Portugal, así como por diferentes festivais estatais.

Paper Dolls, Expostas, Kamouraska, Té con Kant, Fémina Sapiens, Sofía e as Postsocráticas, Sofía (Unipersoal), Misión Imposible (en coprodución con Aporía Escénica) e O Péndulo son as súas producións ata o momento.

Contratación

Marta Pérez
690 084 625
inversa@inversateatro.com
www.inversateatro.com

Martes 7 Auditorio ABANCA 18 h

Autoría: Ernesto Is e Marta Pérez
Dirección: Carlos Álvarez-Ossorio
Espazo escénico e iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio
Construción escenografía: Juan Bas
Espazo sonoro e vídeo: Jesús Andrés Tejada
Arquivo fotográfico: Bacelar A Cañiza
Grafismo: Marieta R. Rodríguez
Elenco: Nerea Brey, Marta Pérez e Rosa Puga Davila

Coprodución co Centro Dramático Galego-Agadic, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e Área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. Colaboran o Concello de Vigo e o Concello de Negreira.

Adulto
Teatro-documental
85 minutos

Descargas Enlaces

Facebook
Instagram
Vimeo
Youtube