Tras 25 anos de creación contemporánea, Diego Anido presenta o adianto do próximo world tour dunha estrela do pop mundial que, entre canción e canción, comparte a historia da súa vida.

Reflexión desde a tenrura e o humor sobre como nos enfrontamos ao éxito ou ao fracaso e como conformamos a visión que temos de nós mesmos, a partir dun relato cheo de referentes da infancia, esperanzas e expectativas ficticias.

Tras 25 anos sobre os escenarios, destaca o traballo de Diego Anido na compañía Agrupación Señor Serrano, coa que xira por todo o mundo e gaña o León de Prata na Bienal de Venecia. En Galicia colabora asiduamente coa compañía Voadora como creador e intérprete, ademais de con outras como Pistacatro ou Lola Arias. En cine participa como intérprete principal en cinco longametraxes e gaña un Mestre Mateo ao Mellor Actor Secundario. O deus do pop é a súa quinta creación en solitario tras Paper Boy, O alemán, Cascuda e Symon Pédícrí.

Contratación

José Díaz
687 473 994
produccion@diegoanido.com
https://www.diegoanido.com/el-dios-del-pop

Luns 6 Auditorio ABANCA 20 h

Autoría: Diego Anido
Dirección: Diego Anido
Dramaturxia: Pablo Rosal e José Díaz
Escenografía: Carmen Triñanes
Iluminación: Montse Pinheiro, Pedro Fresneda e Raquel Hernández
Son: Xavi Bértolo
Vestiario: Uxía P. Vaello e Carmen Triñanes
Música: Xavi Bértolo, Diego Anido e José Díaz
Elenco: Diego Anido

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais-Agadic

A partir de 14 anos
Teatro
80 minutos

Descargas