Inspirada na obra e na figura da Xela Arias (Letras Galegas 2021), Intempestiva é un espectáculo de danza para rúa e espazos non convencionais con 17 minutos de duración. A proposta conta con Julia Laport e Sabela Domínguez na coreografía e interpretación, con Gena Baamonde na dramaturxia escénica e co espazo sonoro a cargo de LLXNTO & Bruno Baw.

Serse Intempestiva.

Os corpos de Elahood entran nun xogo de identidades coa figura e obra de Xela Arias. Xénero, identidade galega, raíces e precariedade entrelázanse para cuestionar que é facer algo de proveito.

INTEMPESTIVA:

  1. Que se fai ou ocorre nun momento que non convén.
  2. Que non é o máis axeitado, por non ser o habitual ou acostumado.

EIahood é a compañía galega de danza urbana e creación contemporánea formada por Sabela Domínguez e Julia Laport. A compañía aposta por visibilizar as danzas urbanas como medio de expresión lexítimo na danza profesional e os discursos abertamente feministas e queer. Contan con diversos espectáculos para espazos non convencionais e para teatros. Compaxinan o seu labor con colaboracións con outros colectivos e como docentes de danzas urbanas. En 2021 gañan o primeiro premio e o Premio da Crítica no Certamen Coreográfico de Madrid e o premio a Mellor Espectáculo no Festival DZM de Cáceres con Intempestiva. Veñen de estrear o espectáculo en coprodución co Centro Coreográfico Galego-Agadic.

Contratación

Julia Laport Rivas
603 458 250
produccion.elahood@gmail.com
elahoodance@gmail.com
www.elahood.com

Martes 7 Praza de San Martiño Pinario 12.30 h

Dirección e interpretación: Sabela Domínguez e Julia Laport
Dramaturxia: Gena Baamonde
Música: LLXNTO & Bruno Baw
Vídeo: Iria Casal
Fotografía: Manu Lago
Produción: Elahood
Acompañamento á produción: Manu Lago e Sabela Ramos

Todos os públicos
Danza
17 minutos

Descargas Enlaces

Instagram
Youtube
Facebook