Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo todos os días. A Laia gústalle falar e gústanlle as plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro autista.
Hugo fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferenza. Ser diferentes fainos grandes.
Os Náufragos fai un traballo que vertebra a creación desde a dramaturxia ata a súa posta en escena. O labor do actor ou da actriz na creación é o eixe fundamental da nosa proposta, así como a procura de novas linguaxes, próximas ao espectador e á actualidade. Entende o teatro desde o encontro e o diálogo do equipo artístico, vinculado desde hai anos cunha linguaxe común. Unha aposta forte tamén polos creadores galegos. Os Náufragos nace con raíces fortes, cunha traxectoria consolidada dos seus integrantes e cunha vocación de proximidade co público.
Ángela Vila – Urdime, S.C.G.
981 937 424 / 698 132 935
distribucion@urdime.net
Urdime | Propostas culturais
Autoría: Gustavo del Río
Dirección: Gustavo del Río
Axudantía de dirección: Sete Eiroa
Escenografía: Marimo Studio
Iluminación: Dani Pais
Vestiario: Os Náufragos Teatro
Música: Daniel Valentín
Elenco: Jimmy Núñez e María Roja
Todos os públicos
Teatro
40 minutos
- Fotografía (por juvemultimedia)
- Fotografía (por juvemultimedia)
- Fotografía (por juvemultimedia)
- Fotografía (por juvemultimedia)